Nós visitan

venres, 30 de novembro de 2012

UN PASEO Á DOMUS E UN SAFARI EN 3D

Hoxe fumos cos compañeiros de 3º á DOMUS para ver unha peli en 3D sobre animais. Como este ano nos adicamos ao cine, pensamos que un xeito marabilloso de aprender cousas sobre animais é visionando unha peli que parecía trasladarnos ata a mesma África.
Aprendimos moito dalgúns animais impresionantes...
RINOCERONTE
LEÓN


LEOPARDO

BÚFALO

ELEFANTE

SE FAS CLIC ENRIBA DO NOME DO ANIMAL,  TERÁS INFORMACIÓN SOBRE ELES.
 

Unha experiencia emocionante porque foi como ir nun Safari de verdade...pensamos que iamos nun bus conducido por unha moza que levaba unha escopeta no salpicadeiro do coche e que ía cambiando cada vez que faciamos unha nova viaxe.
WILD SAFARI 3D NA DOMUS































sábado, 24 de novembro de 2012

25 DE NOVEMBRO...DÍA INTERACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E CUMPLE DE BALSA

O xoves 22 e o venres 23 tivemos, o segundo ciclo, a visita de Esperanza, unha chica que veu falarnos da importancia de ser persoas, sen facer discriminacións por ser homes ou mulleres. Dixo que somos iguais, aínda que somos diferentes nos rasgos físicos. Lembrounos que o 25 de Novembro celébrase o día da eliminación da violencia contra a muller e recordounos que na República Dominicana, de donde é Fabi, rexistrouse o asasinato das tres irmáns Mirabal, PATRIA, MINERVA E MARÍA TERESA,   feito que tivo lugar o 25 de Novembro de 1960, e Breixo que é "o matemático da clase" fixo o cálculo de cantos anos pasaron...nin máis nin menos que... 52 anos. Esa orde foi dada por un dictador chamado Trujillo.

Esperanza púxonos un vídeo titulado O SONO IMPOSIBLE e aínda que o tempo foi escaso para o conto do príncipe Ceniciento, déixovolo para que o escoitedes.

 

mércores, 21 de novembro de 2012

O APARATO REPRODUCTOR


APARATO REPRODUCTOR MASCULINO E FEMININO



 
 
Hoxe rematamos o tema da reproducción.
Aquí tendes dous vídeos que vos poden axudar moito a visualizar este complexo proceso e tamén a comprender mellor os aparatos masculino e femenino.

 
 A FECUNDACIÓN E O PROCESO DO EMBARAZO.
 
 
 
 

martes, 20 de novembro de 2012

20 DE NOVEMBRO...DEREITOS DOS NEN@S

Co motivo da celebración dos dereitos do neno, viñeron ao cole, Vania e Ana, da cruz bermella, para falarnos dos dereitos do neno.
Fixemos moitas actividades, entre elas un puzle, pegamos os dereitos no taboleiro de corcho, limos un conto e fixemos o noso carné de identidade. Aprendemos moito e pasámolo moi ben.
Destacamos entre outros DEREITOS os seguintes:
Á vida.
Á saúde.
Ao descanso, o esparexemento, o xogo, a creatividade e as actividades recreativas.
Á liberdade de expresión e a compartir os seus puntos de vista con outros.
A un nome e unha nacionalidade.
A unha familia.
Á protección durante os conflitos armados.
Á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
Á protección contra o descoido ou trato neglixente.
Á protección contra o traballo infantil e contra a explotación económica en xeral.
Á educación, que será gratuíta e obrigatoria polo menos nas etapas elementais.

mércores, 7 de novembro de 2012

OS APARATOS QUE TEMOS

O APARATO DIXESTIVO
 
 
APARATO RESPIRATORI0
 
 
APARATO CIRCULATORIO
 
 
APARATO EXCRETOR