Nós visitan

FOTOGRAFÍA EN CURS

FOTOGRAFÍA EN  CURS
ANO 2013-2104

FOTOGRAFÍA EN CURS.
ANO 2014-2015


MARZO


O martes, día 3, estivo con nós, José Caruncho, o fotógrafo de José Carrete.

Trouxo moitas fotos, algunhas dos voluntarios do chapapote que o Prestige, alá polo 2003 derramou nas nosas marabillosas costas.


Foi unha experiencia moi próxima e que lembramos con moito agarimo. 






Moitas grazas, José!!!


"O branco e negro é máis expresivo que a cor, é unha extración da realidade...co branco e negro controlo eu todo o proceso." José Caruncho


Na maioría dos retratos, representa a xente do rural e a maioría exponos na galería "OLLADAS DO SILENCIO"con paisaxes do COUREL, buscando a mirada das persoas retratadas, para mostrar a súa actitude sobre a vida, a súa sinxeleza e humildade.

FEBREIRO DE 2015
Reunidos os nenos e nenas de 1º e 2º, lembramos como debemos facer retratos á maneira de José Caruncho e decidimos empezar a nosa práctica facendo retratos a Juan, a Carmen e a Maite.

Somos 9 grupos de cinco nenos e nenas mesturados. Temos o noso carné de fotógrafos. 

Consensuamos entre todos como queremos facer o retrato, onde e que atributos lle imos pedir a cada un dos retratados.


XANEIRO 2015


Neste mes de xaneiro imos comezar a facer a nosa primeira práctica de fotografía na clase cos nenos de 1º e de 2º. 
Esta foto é de Antón de 1º que sacouna ao estilo de CARUNCHO e que é unha avoa de cando estivo no Courel coa súa familia.
Se queredes ver máis clicade nela para ir directamente ao blogue de fotografía en curs





DECEMBRO DE 2014


José Carrete, Pacios
CARUNCHO, 1989










FOTOGRAFÍA DE JOSÉ CARUNCHO

PARA HACER UNHAS LECTURAS



Clica na palabra lectura e podes ler as que fixemos entre os nenos e nenas de 1º e 2º.


NOVEMBRO DE 2014
Levamos varios días mirando e observando a foto do fotógrafo JOSÉ CARUNCHO, para cando rematemos facer unha lectura da mesma. 
O nome do retratado é JOSÉ CARRETE, como di no pé da fotografía 
Despois de facernos moitas preguntas e contestar as nosas diferentes visións, hoxe, xoves 27 decidimos escribir unha frase que nós pensamos sobre esta persoa maior chamada JOSÉ CARRETE e que vive en PACIOS.
MOITO ÁNIMO E O LUNS VEREMOS QUE LECTURAS FACEMOS.






Queridas familias:
Hoy pusimos la primera entrada del curso en el blog de FOTOGRAFÍA EN CURS, relacionada con el proyecto de este año: RETRATOS.
Si queréis verlo clicad en la  primera foto y podéis verlo y hacer comentarios.
Un saludo y buen fin de semana.




 












Ningún comentario:

Publicar un comentario