Nós visitan

xoves, 26 de maio de 2022

os gardas forestais no cole

 No día de hoxe lembramos a importancia de coidar os nosos bosques para evitar incendios e así manter a natureza viva, permitindo que os animais segan a vivir na súa contorna e as plantas medren contentas. 


Chus enxeñeira técnica forestal e Mario axudante técnico forestal, a través dun conto, nos ensinaron insectos, aves, e moitos animais do bosque ademáis das árbores que hai neles e como un home cun saco cheo de lume facía moito mal ao bosque ata que conseguiron atrapalo. 


O equipo forestal co seu camión para apagar incendios e o equipo de radio foi o máis divertido. 


Quedamos ben duchadiños!!!!! e cuns agasallos ben chulos: bolsa, camiseta, unhas landras para plantar un carballo. 


mércores, 25 de maio de 2022

a fantástica exposición do mar...e a repasar as táboas...

Continuamos a aprender cousas sobre o mar, nesta ocasión da experiencia do noso querido profesor Manu. Veu á nosa clase para invitarnos a esoitar informacións moi interesantes dos animais mariños. 
Moitas grazas, Manu, porque aprendemos moito, bailamos e rimos. Parabéns!!!!





















XOGA E PRACTICA




 

venres, 20 de maio de 2022

MARÍA PITA

O xoves, fomos á praza de María Pita e aprendemos moitas cousas curiosas desta importante muller, curiosidades que hai na praza e ademáis entramos no concello e fomos ao salón de plenos onde descubrimos moita historia.
Un día de sol no que pasamos un tempo fabuloso xuntos.













 




venres, 13 de maio de 2022

a liña do tempo en MERGÚLLATE e ... para saber máis de FLORENCIO DELGADO

 Xa temos publicado no blogue da biblioteca as nosas participacións na liña do tempo no proxecto de MEGÚLLATE. Parabéns!


LEMBRADE FACER O RESUMO DO APRENDIDO PARA FACER O VÍDEO FINAL. 


Disfrutade moito desta ponte e do día das letras galegas. O mércores hai agasallo e o libro que traballamos deste importante home das letras.

Lembrade que tamén podedes apuntar á visita de PAULA CARBALLEIRA, unha experiencia moi bonita.

( Enviouse un abalar)

Para os que queirades lembrar, repasar e incluso coñecer máis sobre as letras galegas, podedes pasear pola páxina do SEMINARIO GALÁN onde están recollidos as diferentes personalidades homenaxeadas.


Queres aprendelo con pictogramas? eiquí podes facelo. 



LETRAS GALEGAS, venres 13 de maio de 2022

 Hoxe imos xogar á ruleta de FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN




xoves, 12 de maio de 2022

xoves 12 de maio de 2022 LETRAS GALEGAS

 Hoxe POEMA A PANDEIRADA.


e agora a  canción: PANDEIRADA


PARA PRACTICAR...MOEDAS, BILLETES /EUROS, CÉNTIMOS




mércores, 11 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022, MÉRCORES 11 e rematamos o concurso MERGÚLLATE

Hoxe traballamos un poema "OS TRINTAS"



UNHA CANCIÓN SOBRE FLORENCIO DELGADO
 


Por se alguén ten dúbidas coa táboa das tarefas para casa eiquí tendes un exemplo.




Estamos moi contentos coa perseverancia, constancia e esforzo durante cinco meses seguidos e a nosa cita coa biblioteca do cole a través do concurso.



Neste enlace podemos acceder a lembrar todo o que aprendemos e traballamos dende o mes de xaneiro xa que grabaremos un vídeo expresando as nosas opinións.



martes, 10 de maio de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, martes 10 de maio 2022

 Como cada ano, o día 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas.

Este ano o homenaxeado é FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.




Cada día farei unha entrada relacionada con este autor cos traballos realizados polo SEMINARIO DE GALÁN  que todos os anos prepara moi coidadosamente uns marabillosos materiais didácticos para os nenos e nenas e para os adultos que queiramos aprender máis. 


Preme na imaxe para acceder 



luns, 9 de maio de 2022

fin de semana aproveitado e feliz cumpreanos

Sergio xa é un chico máis maior porque na fin de semana cumpriu un ano máis e o celebramos hoxe, luns cantándolle o feliz cumpre en tres versións. Moitos parabéns Sergio. Querémoste 






Grazas ás familias por compartir os momentos vividos e disfrutados na fin de semana.





María e Valentina no parque de Santa Margarita.



Leo e Gabri que coincidiron no Acuarium e detrás deles unha foca nadadora.



Christian foi de excursión por unha fervenza e de seguro que xa sabe máis cousas dos ríos e as paisaxes que recorreu coa súa familia.