Nós visitan

luns, 30 de outubro de 2023

la centena

 Seguimos aprendiendo la centena




Escribimos en la libreta los números del 121 al 140



domingo, 29 de outubro de 2023

Crema de Cabaza


 EStamos comprobando que houbo familias que apartaron un tempo para facer xuntos a receita das tradicionais cabazas de outono. Bo proveito!!!! e moitas grazas.

martes, 24 de outubro de 2023

Martes, 24 de outubro

Comezamos un novo día cun sorriso estimulante 



continuamos felicitando ao gañador do concurso de microrrelatos Diego Obeso Pérez co seu relato " O MUNDO NATURAL" e tamén felicitamos a tod@s @s participantes. 
Podedes ver o resto no blogue da nosa biblioteca EPB






No tempo de lectura un momento especial adicado a compartir lecturas celebrando O DÍA DAS BIBLIOTECAS. 



Chegou á isiclase unha caixa sorpresa...titulada 
PAISAXES ENCANTADAS


Antes de abrila atopamos  unha carta



lémola e visionamos o video no que nos piden axuda.
Estamos moi animados a comezar esta viaxe de investigación para aprender moitas cousas.

Ademáis abrimos a caixa 


         e dentro atopamos unha folla dunha árbore unha pegada dun animal...de que árbore será...de que animal será?....



Entre tod@s pensamos que cousas nos interesan aprender sobre este proxecto que trata das paisaxes encantadas. Na casa tamén podedes pensar. Nós polo de agora temos interese en...



Entrada da biblioteca do cole para saber máis...e ver o video de novo.


Bicos e ata mañá


luns, 23 de outubro de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Seguro que recibistes un abalar informando das MOCHILAS VIAXEIRAS. 

Por si alguén non o abriu vos escribo o que di:

Prezadas familias:
Hoxe comezan a viaxar polas vosas casas as MOCHILAS VIAXEIRAS.
Ao longo do curso irán pasando por todas. En cada viaxe estarán unha semana nos vosos fogares. 
Dentro das mochilas irán diversos recursos: 1 libro de ficción, 1 libro de non ficción, 1 libro de pensamento computacional, 1 taboleiro de fichas para o libro, 1 escornabot con instruccións, 1 caderno no que podemos ler o escrito noutros cursos e escribir algo en familia.
Vai na mochila a data na que ten que devolverse.
Desfrutade da lectura en familia!


Mateo inicia levando a mochila viaxeira durante esta semana. 

Lembrade como sempre: COMPROMISO E RESPONSABILIDADE. 

Desfrutadea moito e a traedes de volta o vindeiro luns día 30 de outubro D.M.







 

venres, 20 de outubro de 2023

novas de outubro

 Antes estabamos en primeiro e durante o outono pasado tivemos a visita dos nosos amigos maiores de terceiro  para que da súa man celebrásemos o día das bibliotecas escolares. 







Agora estamos en segundo e tamén tivemos a visita dos nosos novos amigos maiores de terceiro que nos trouxeron unha preciosa carta presentándose e que nos encantaron, por iso, tamén lle imos dar a nosa carta o luns vindeiro. 












Con eles disfrutaremos da escoita dun conto que nos lerán con motivo do día das Bibliotecas e tamén nos acompañarán na volta ao cole na Camapaña de loita contra a leucemia infantil. 





Temos unha casiña para Gatisi´s. Grazas a Antía que lle fixo unha cucada para que durman ben cando quedan na isiclase durante a mañana. 




 Todos fomos  curiosear a nova casiña.



Por certo, a semana que ben, empezamos a levala para casa!!!! 

Olliño co compromiso e a responsabilidade. 



Un día moi especial no que recibimos a visita de Laura que celebra o seu cumpreanos. Moitos parabéns preciosa!!!





antes...o celebramos así

tempos difíciles...

e aínda así...felices


e cheos de ilusión...sempre acompañados de GatIsI



estamos traballando en Naturais o tema de ASÍ SOMOS

Temos diferencias no nome, na forma de ser e no aspecto físico, aínda que como podemos ver, temos moitos gustos en común. 😂





Houbo dous  participantes no concurso de microrrelatos, Adri e Diego. Agora estaremos atentos ao fallo do xurado. Moita sorte e parabéns por participar. 




Xa tivemos a FORMACIÓN DE USUARIOS da Biblioteca e comezamos a ir.

Temos un día fixo que é os luns para ir ler e coller préstamos para levar para casa. Podemos telos na casa unha semana ou traelos antes e devolvelos.

Un bico enorme, boa fin de semana, coidádevos moito e disfrutade da fin de semana. Somos un equipazo!!!