Leire, ya es tu cumpleaños y todos queremos desearte un día muy muy especial en el que disfrutes de tu alegría con tu familia y todos tus compañeros de la clase
Nós visitan
domingo, 31 de maio de 2026
domingo, 17 de maio de 2026
Circe ou o pracer do azul BEGOÑA CAAMAÑO
Estimada Begoña:
Grazas por unha novela tan exquista.
A medida que florece a amizade entre Circe e Penélope, ese lazo de unión que é Ulises, pasa a un segundo plano.
Esas cartas que se escriben!!!!!!!
Teño que dicirche, Begoña, que sempre me identifico con elas ao utilizalas durante moitos anos coa miña propia familia e amigos...cartas que os meus nenos xa descoñecen o seu uso e valor. Esas cartas entre Penélope e Circe volven a abrirme ese profundo mundo das relacións que se chegan a converter en lazos profundos de comunicación.
Gústame como Laertes convértese nun home especial porque respecta ás mulleres inmersas nun mundo de homes e que hoxe, aínda que menos, segue tamén imperando.
Ao ler esta novela doume conta de que realmente, ti, Begoña es unha gran precurosora na de defensa da muller otorgándolle a independencia e converténdoas en aventureiras con criterio propio e moitas realidades e historias que contar.
Doutra banda, como a materia de GREGO, cando estaba no instituto, curseina en terceiro de BUP e COU, me rechifla o contexto onde elexiches escribir. Durante eses dous cursos, a marabillosa profesora que tiven mandounos traducir, un ano a Ilíada e o seguinte a Odisea, polo que Penélope e Circe fanme vibrar.
O tílulo encántame porque o azul é a miña cor preferida e prodúceme pracer, serenidade, fantasía , maxía e desexos de navegar, de nadar...
Sobre todo, esta novela, úneme a unha persoa de ollos azuis que me falou dela e mesmo me otorgou o parcecido cunha delas.
Begoña, e tamén ti, a miña nena de ollos azuis, esta novela ten algo que nos une.
Feliz día das letras galegas, meus queridos lectores.
Unha aperta e un bico 😘
venres, 15 de maio de 2026
xoves, 14 de maio de 2026
mércores, 13 de maio de 2026
martes, 12 de maio de 2026
luns, 11 de maio de 2026
Semana das letras galegas
Iniciamos unha semana adicada ás nosas letras e coa homenaxeada BEGOÑA CAAMAÑO
A nena que perdeu un zapato na lama ilustrada polo noso ben prezado Carlos Gallego coñecido polo seu bo e creativo traballo.
mércores, 6 de maio de 2026
venres, 1 de maio de 2026
Maios
Temos que darle a benvida ao mes de maio
e con el a unha festividade do noso folklore galego:
a Festa dos maios.
Preme na imaxe para saber máis.
Imaxe tradicional dun maio na alameda de Ourense
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














