Xa temos radio no cole...EMILIA NA ONDA.
Enlace a páxina da Biblioteca para poder escoitar as participacións.Clica eiquí
Un grupo de nenos e nenas representando ao seu equipo falaron de distintos alimentos contando os seus nomes científicos, características, curiosidades e a fonte de información, dentro dos obradoiros de SABOR E SABER nos que participamos.
Hoxe fomos ver o estudio de grabación da nosa radio EMILIA NA ONDA
Encantounos!!!
O venres, 24 de xaneiro, subimos á BIBLIOLAB para facer un obradoiro de nutrición.
Dúas profesionais neste tema, Emma e Susana falaron da importancia das vitaminas e proteínas que atopamos nos alimentos e fixemos con elas un zume cheo de vitaminas e tamén unhas tortiñas con fariña integral.
No Proxecto Sabor e Saber, no mes de novembro, no que celebramos o mes da Ciencia en galego, tratouse a experiencia do VOLCÁN ÁCEDO. Este experimento o fixemos en dous luns distintos na Bibliolab. Subimos en dous grupos, para facer o experimento co profesor Diego.
Podedes ver algo do que fixemos clicando no seguinte enlace:ORADOIROS SABOR E SABER
Este martes día 10, tivemos a oportunidade de ter un encontro virtual a través dunha videoconferencia coa escola de educación infantil Barrionovo na que lles explicamos aos nenos e nenas o que fixemos no obradoiro sobre o volcán ácido e eles nos contaron a nós como se pode ver música.
Como estades xa informados a través de Abalar-móvil este curso imos desenvolver entre todos o proxecto da biblioteca "sabor e saber"
O mércores, cando chegamos á clase estaba pegado na nosa porta de entrada este cartel da dereita que chamounos moito a nosa atención.
O empezamos a ler e ao longo da mañá decidimos metelo dentro para falar entre todos.
Hai unha serie de preguntas que queremos facer e pensar sobre elas, así que fixemos grupos e entre todos empezamos a pensar, a falar e a contestar...
O venres imos telas contestadas entre nós, sin embargo, para compartilas coa familia tamén imos levalas para casa e a ver que pensan mamá e papá, ou os avós e avoas...
polo de agora sabemos algo sobre os alimentos, tamén sabemos cociñar algunhas cousas...
e tamén sabemos algunhas profesións ou traballos relacionados coa alimentación
esta fin de semana fixemos este mismo exercicio de pensar coas nosas familias e gustounos moito
COMEZAMOS UN PROXECTO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario