Nós visitan

mércores, 27 de novembro de 2019

PONTES QUE UNEN

Hoxe,Nuno estaba feliz porque tivemos a visita dos seus papás, Rut, como axudante  e Jorge  como relator dun tema moi interesante...as pontes!!!

Ademáis de Nuno,  tamén nos fixo moita ilusión a tod@s ter unha mañana diferente 
aprendendo cousas novas e sendo protagonistas coas pezas lupo

A partir dunha magnífica presentación, Jorge foinos ensinando varios tipos de pontes.  

                                    
Moitas grazas, Jorge. Moitas grazas Rut.
Unha experiencia inolvidable!!!

PARA VER O RESUMO CLICADE EIQUÍ

Lembrade que as habilidades e coñecementos que teñades poden ser compartidos na isiclase e vainos facer motísima ilusión.



luns, 25 de novembro de 2019

25 de novembro

Hoxe limos este conto en relación ao que nos ocorre cando queremos un bico ou cando  o rexeitamos 
Adicamos un tempo a pensar nelo e escribimos cousas que non queremos facer á forza e deixámolas colgadas nunha porta violeta na entrada do noso cole.





Esta é a mensaxe da porta violeta


martes, 19 de novembro de 2019

Sorpresa, sorpresa!

Esta semana fomos gratamente sorprendidos polo avó de Miguel que preparou os unhas galletas ricas, riquísimas.
Estamos collendo forzas para aprender moitas cousas sobre unha alimentación saudable no proxecto "SABOR E SABER"
Grazas, avó.






venres, 15 de novembro de 2019

Bruno, cumple

Outro cumpreanos na clase.
Bruno está moi contento porque esta fin de semana hai celebración.
Feliz cumpreanos!!!

luns, 11 de novembro de 2019

Venres, 8 de novembro...Magosto

 Temos momentos "castañas" ben agradables!!!



Moi ilusionados cos seus zonchos feitos coas familias na casa para presumir e logo "papar"

Houbo unha chamada inesperada á porta da nosa clase e apareceu unha castañera que pediunos un pouco de paciencia porque as castañas aínda se estaban asando...foi moi moi simpática. 



Moitas grazas Viki.

martes, 5 de novembro de 2019

MIGALLAS

Bonito día o de hoxe cando ás doce chegamos ao centro cívico dos Maios e tivemos a oportunidade de escoitar "Merenda con PAN DE MILLO" co grupo teatral MIGALLAS

Pasámolo moi ben, portámonos  de marabilla e temos xa unhas cantas cancións para disfrutar e aprender máis cousas 





Para todas as avoas e avós que son tan importantes nas nosas vidas... neste caso, a avoa é Manuela.


cumpreanos feliz para Lía


Imos polo segundo cumple, o de Lía, que aínda que foi nos días de vacacións celebrámolo este luns.

felicidades guapa!!!!