Nós visitan

venres, 26 de febreiro de 2021

Precioso día, venres 26 de febreiro

 Traballamos moito coma cada día e tivemos a ilusión de facer a lectura en voz alta e a silenciosa ao aire libre, como premio ao noso esforzo.



RANA DE TRES OJOS




Aproveitamos a ocasión para ensinar aos nenos e nenas da isiclase o espazo de recreo tan marabilloso que temos no cole e que pronto volveremos a disfrutar...o laberinto, as árbores coa comida para paxariños, o invernadoiro...xa vos contarán!!! y para la preciosa isiclase una sorpresa que os tengo preparada y que el lunes podéis ver...


como disfrutamos!!!!






















Agora toca disfrutar da fin de semana, descansar e facer en familia unha nova proposta artística de dona Emilia Pardo Bazán ao estilo de Picasso.




Para máis información preme EIQUÍ

mércores, 24 de febreiro de 2021

Rosalíate

No cole Rosalía de Castro estivo presente de moitos xeitos e cada titoría lembrou a grandeza desta gran muller. Xusto enriba de nós,  os nenos e nenas de 5ºC motivados pola súa mestra, María José encheron de aroma e poesía o corredoiro do segundo andar do  EMILIA PARDO BAZÁN. MOITOS PARABÉSN!!!!

MISTERIOSA REGADEIRA

FINO ORBALLO NO CHAN POUSA

CON FEITURA 

CON FEITIÑA CURVADEIRA 

REMOLLANDO NA RIBEIRA

FROL POR FROL CHOUSA  POR CHOUSA   

"COMO  CHOVE MIUDIÑO, COMO MIUDIÑO CHOVE " ROSALÍA DE CASTRO














Lembrade que mañá continuamos co proxecto da biblio e co concurso da semana.

Nesta ocasión imos investigar sobre que Emilia e Rosalía  compartiron época xa que como dixemos na clase, cando Emilia naceu, Rosalía xa tiña 14 anos...a ver que sorpresas atopamos e que novos retos...ánimo!!!









 

martes, 23 de febreiro de 2021

24 de febreiro día de ROSALÍA DE CASTRO

 Mércores especial adicado á nosa querida Rosalía de Castro, que era 14 anos maior que Emilia Pardo Bazán polo que compartiron o tempo no que viviron.


Unidade didáctica completa para quen quera ampliar o traballado na clase.

Preme nas imaxes para comezar


Moi interesante o seguinte enlace, preme e proba




Unha doce canción entre xogo e xogo



O mestre Armando nos envía en colaboración cos centros que aparecen este fantástico GENIALLY para saber máis de Rosalía de Castro
Grazas, compañeiro.




Outra doce canción para repousar e soñar...unha ALBORADA




e con adeus rios adeus fontes pechamos este marabiloso día



.





luns, 22 de febreiro de 2021

día espectacular

 Comezamos este luns con esta marabilla da natureza que podemos ver dende a nosa isiclase...vaia privilexio!!!!


e así  disfrutan da clase de educación física neste precioso día



Recibimos con gran ilusión os DIPLOMAS DAS LECTURAS EN VOZ ALTA para Paula, Noa e Ramón...moito ánimo para os seguintes lectores!!! 



sábado, 20 de febreiro de 2021

 Unha das actividades dos venres é a LECTURA EN VOZ ALTA.

Imos pola terceira que ía ser a cargo de Alexa que debido a súa ausencia, Ramón prestouse como VOLUNTARIO a lenos un conto titulado NITA.

Ten moito mérito...

Como queremos aprender a debuxar raniñas vos deixo o video que puxemos na clase.


Moitos bicos.




xoves, 18 de febreiro de 2021

bonito día despois do entroido

Coma todos os xoves, hoxe aprendimos moitas máis cousas sobre Emilia Pardo Bazán e ademáis estreamos a exposición das nosas creacións.

Podes visionar as nosas variacións  sobre a pintura de Henri Matisse "FEMME AU CHAPEAU" 


Disfrutade moito

venres, 12 de febreiro de 2021

Venres de entroido

 Lembranzas doutros anos me levan a compartir con vós as máscaras do entroido na provincia de Ourense que nos ensinou a mamá de tres fillas:  Elena, Xana e Iria e que veu á noso cole para contarnos e enisnarnos varias máscaras  como as PANTALLAS EN XINZO DE LIMIA, os CIGARRÓNS DE VERÍN, os BOTEIROS de VIANA DO BOLO ou os  PELIQUEIROS de LAZA.


Compartimos con ela en directo este visionado e ela envioume resposta para vós. GRAZAS, MARÍA...


Ademáis disfrutamos deste venres así...

Bo entroido na casa con tempo para ler, facer manualidades, durmir, xogar e DISFRUTAR. Bicos variados


xoves, 11 de febreiro de 2021

XOVES, OFICIOS DE emilia pardo bazán e asuntos varios...

😃 canto estamos a aprender de dona Emilia e hoxe que sorprendidos gratamente co mandadiño...escritores, lectores, viaxeiros, poetas














último modelo...imos crear tendencia na moda

e claro! como Emilia é gran viaxeira, Antía sacou pasaporte para ir as dúas de viaxe




       e ademáis están todos os lugares que                      visitaron...vaia sorte!!!!

Os xoves adicamos tempo ao proxecto PASEANDO CON EMILIA e aprendemos moitas cousas ademáis de participar no concurso da Biblioteca.

Para saber máis clicade na imaxe: 


Moitas grazas Rocío por compartir con nós o monumento a Emilia Pardo Bazán nos xardíns de Méndez Núñez de Marineda.




LEMBRADE QUE MAÑÁ COMEZA A SEGUNDA LECTURA EN VOZ ALTA A CARGO DE NOA...

outra nova importante...ide abrindo a porta ao Ratonciño Pérez porque esta noite vai visitar a Leo