Nós visitan

mércores, 30 de novembro de 2022

Moitas GRAZAS

 A nosa Gatisi é unha privilexiada e quero agradecer ás familias os vosos coidados con ela e o COMPROMISO adquirido tan importante na isiclase.  

Comezamos con Sabela que fixo unha preciosa composición con Gatisi polo noso barrio

 
na súa casa 


facendo as tarefas diarias


Continuamos con Sergio e con Antía que ten moitas máis experiencias que iremos mostrando pouco a pouco


Agora compartimos a historia de Gatisi con Diego na fin de semana que foi coma un agasallo do cumpreanos

O venres Gatisi acompañou a Diego a recoller un agasallo da man da alcladesa INÉS REY  por participar nun programa do concellos no que os nenos e nenas enviaban cartas contando as súas experiencias de verán en galego. 



Despois disfrutaron dun concerto de Pakolas 





Pasou pola biblioteca para aconsellarlle un libro que ao parecer foi moi interesante






O sábado levouna  á estación do tren para vela e recoller aos seus avós que tamén a coñeceron!!!!


Gatisi estivo moi atenta á receita que estaba a facer Diego para elaborar un rico biscoito



O domingo practicamos un pouco co violín porque a música nos encanta.




Finalmente chegou o luns e xa voltamos á isiclase con moitas ganas de ver a Isi, aos compañeiros, ao monosílabo e aprender moito moito para seguir crecendo e avanzando. 



martes, 29 de novembro de 2022

luns, 28 de novembro de 2022

AVANZAMOS CON LA LETRA D











 IMOS LER


IMOS XOGAR





ROMPECABEZAS



PARA CASA, REPASAR, APRENDER, REPETIR, AMPLIAR....


BUSCA LA LETRA D Y LÉELA.




 

mércores, 23 de novembro de 2022

o noso corpo e Gatisi na casa de...

     Xa aprendemos moitas cousas sobre o noso esqueleto e sabemos algúnos ósos do noso corpo. Imos repasalos coa canción do esqueleto.


Hoxe estivemos vendo o noso corpo por dentro. Imos visionar na casa algún vídeo interesante para aprender máis.




Para rematar uns bailes...como di Antía poñemos a música na tele e a bailar co noso corpo...


Gatisi está avanzando moito na lectura coa axuda dos nenos e nenas da isiclase, neste caso, da man de Iria

                          

Tamén está moi ben alimentada


Vai as actividades extraescolares


Aprende inglés...

Finalmente a durmir e repoñer forzas para seguir aprendendo ao día seguinte con tod@s @s compañeir@s da isiclase. 


Se alguén quere repasar a lectura na cartilla deixóvos o enlace e así como fai David Fuentes podedes ler cada día e coller moita práctica.  Bicos.



martes, 22 de novembro de 2022

Charlas sobre a igualdade e tempo de lecer na biblioteca

 






A última hora un tempo de lecer relaxante 



SEguimos a traballar na letra n e hoxe empezamos o caderniño número 1 de lectoescritura y encantounos
letras. Podes seguir lendo na cartilla de onte. Bicos. 
 

luns, 21 de novembro de 2022

cumpreaños feliz e A LETRA "N"

 Moita ledicia hoxe polo cumpreanos de Diego...xa entramos na pandilla do seis. MOitos parabéns e moitas grazas polas ricas chuches e bombóns. Riquísimos. 





POR SUPOSTO IMOS CELEBRALO BAILANDO








Dado que hoxe temos varios nenos e nenas enfermiños deixamos en isidisfrutamos a nova letra de hoxe...a letra n. Para os de clase repaso e para os de casa...arrincamos!!!!



Agora co Monosílabo...


como escribimos o N


Agora practica a lectura de repaso que levamos na carpeta e lembra traela de volta mañá.
Se alguén quere practicar a lectura do n eiquí déixovos o libro de lectura diaria para xa adiantar. Preme na imaxe para ler.
Bicos e que Gatisi traballe moito. 


Tamén temos a letra da canción que imos cantar o día 25 de novembro no que lembramos a importancia de deixar a violencia fora das nosas vidas. 




xoves, 17 de novembro de 2022

Antía + Gatisi e os cinco sentidos

 Xa tiñamos moitas ganas de ver a Gatisi con Antía e aquí estamos!!!!!  


Por supoposto a alimentación sempre presente na cea e no almorzo


Tamén na casa de David, por suposto!



O hábito de estudo ten que ser para todos e todas, incluída Gatisi. Moi ben! 





Imos á camiña ben quentiñas, calcetins para as dúas...iso é EMPATÍA. 



Como se portou tan ben, outro día levaremos a Gatisi a este parque para ver parrulos ben bonitiños. 



Seguimos a repasar os cinco sentidos...para saber máis con Camaleón



e agora unha canción


LEMBRA DEBUXARTE NA TÚA LIBRETA EMPREGANDO O SENTIDO QUE PREFIRAS E LEMBRA O QUE XA PRACTICAMOS NA ISICLASE QUE FOI O DO GUSTO...MMMM






luns, 14 de novembro de 2022

NOVAS DE HOXE

Diego foi un dos gañadores do concurso de microrrelatos proposto pola biblioteca do cole e hoxe foi á radio para gravalo e poidamos escoitalo.

 Cando saia á onda o enlazaremos para que poidades escoitalo e que serva de estímulo para outras participacións. Moitos parabéns!!!!





 

Ao regreso do recreo Adri y Manu, mestres en prácticas, moi ben combinados, viñeron á isiclase acompañando a David Fuentes. Foron moi benvidos e estamos agradecidos.




Seguimos coa nosa reotroalimentación!!!!! maiúsculas e minúsculas...bravooooo






Como cada fin de semana Gatisi disfruta máis do habitual co neno ou nena que lle toca e neste caso foi á biblioteca dos Rosales a escoitar á contacontas cos ratos lonxedetodo



Para quenes aínda descoñecen esta historia.




Poño o enlace á biblioteca e as súas actividades premendo na imaxe


Ademáis Gatisi foi ao monte de San Pedro e tomou o sol de moito agrado e xa está moi vitaminada.



Tamén ao longo da semana traballamos a decena así de ben. 

Un bico e ata mañá.