Nós visitan

domingo, 17 de maio de 2026

Circe ou o pracer do azul BEGOÑA CAAMAÑO

 



Estimada Begoña:
Grazas por unha novela tan exquista.
 
A medida que florece a amizade entre Circe e Penélope, ese lazo de unión  que é  Ulises, pasa a un segundo plano.
Esas cartas que se escriben!!!!!!!
Teño que dicirche, Begoña, que sempre me identifico con elas ao utilizalas durante moitos anos coa miña propia familia e amigos...cartas que os meus nenos xa descoñecen o seu uso e valor. Esas cartas entre Penélope e Circe volven a abrirme ese profundo mundo das relacións que se chegan a converter en lazos profundos de comunicación. 
Gústame como Laertes convértese nun home especial porque respecta ás mulleres inmersas nun mundo de homes e que hoxe, aínda que menos, segue tamén imperando.

Ao ler esta novela doume conta de que realmente, ti, Begoña es unha gran precurosora na de defensa da muller otorgándolle a independencia e converténdoas en aventureiras con criterio propio e moitas realidades e historias que contar.

Doutra banda, como a materia de GREGO, cando estaba no instituto,  curseina en terceiro de BUP e  COU, me rechifla o contexto onde elexiches escribir. Durante eses dous cursos, a marabillosa profesora que tiven mandounos traducir, un ano a Ilíada e o seguinte a Odisea, polo que Penélope e Circe fanme vibrar.

O tílulo encántame porque o azul é a miña cor preferida e prodúceme pracer, serenidade, fantasía , maxía e desexos de navegar, de nadar...

Sobre todo, esta novela, únema a unha persoa de ollos azuis que me falou dela e mesmo me otorgou o parcecido cunha delas.

Begoña, e tamén ti, a miña nena de ollos azuis, esta novela ten algo que nos une.

Feliz día das letras galegas, meus queridos lectores.

Unha aperta e un bico 😘






Ningún comentario:

Publicar un comentario