Nós visitan

venres, 20 de outubro de 2023

novas de outubro

 Antes estabamos en primeiro e durante o outono pasado tivemos a visita dos nosos amigos maiores de terceiro  para que da súa man celebrásemos o día das bibliotecas escolares. 







Agora estamos en segundo e tamén tivemos a visita dos nosos novos amigos maiores de terceiro que nos trouxeron unha preciosa carta presentándose e que nos encantaron, por iso, tamén lle imos dar a nosa carta o luns vindeiro. 












Con eles disfrutaremos da escoita dun conto que nos lerán con motivo do día das Bibliotecas e tamén nos acompañarán na volta ao cole na Camapaña de loita contra a leucemia infantil. 





Temos unha casiña para Gatisi´s. Grazas a Antía que lle fixo unha cucada para que durman ben cando quedan na isiclase durante a mañana. 




 Todos fomos  curiosear a nova casiña.



Por certo, a semana que ben, empezamos a levala para casa!!!! 

Olliño co compromiso e a responsabilidade. 



Un día moi especial no que recibimos a visita de Laura que celebra o seu cumpreanos. Moitos parabéns preciosa!!!





antes...o celebramos así

tempos difíciles...

e aínda así...felices


e cheos de ilusión...sempre acompañados de GatIsI



estamos traballando en Naturais o tema de ASÍ SOMOS

Temos diferencias no nome, na forma de ser e no aspecto físico, aínda que como podemos ver, temos moitos gustos en común. 😂





Houbo dous  participantes no concurso de microrrelatos, Adri e Diego. Agora estaremos atentos ao fallo do xurado. Moita sorte e parabéns por participar. 




Xa tivemos a FORMACIÓN DE USUARIOS da Biblioteca e comezamos a ir.

Temos un día fixo que é os luns para ir ler e coller préstamos para levar para casa. Podemos telos na casa unha semana ou traelos antes e devolvelos.

Un bico enorme, boa fin de semana, coidádevos moito e disfrutade da fin de semana. Somos un equipazo!!!



 











Ningún comentario:

Publicar un comentario