Nós visitan

mércores, 21 de maio de 2014

haikus nas letras galegas

Os haikus, como xa sabedes, son poemas de orixe xaponés que tratan sobre a natureza.
Dado que no noso proxecto traballamos o universo, e dentro del a metereoloxía, pensamos que para celebrar as letras galegas, nós, o  PRIMEIRO CICLO,  iamos facer unha tarefa como a de Díaz Castro: TRADUCIR.

A esa tarefa, engadimos o traballo de ter que escoller un haiku que gardase relación coa foto elexida, pensando, sendo coherentes, entendendo o significado...e así o fixemos, e ademáis o fixemos  moi, moi ben.

Logo aprendémolo  de memoria e o recitámolo diante da cámara para facer un vídeo e mostralo aos nosos compañeir@s do cole.

A música que escollemos garda tamén moita relación coas imaxes e o texto. Unha titúlase AMANECER e a outra O SON DO AR.


Como sempre desexamos que o disfrutedes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario