Nós visitan

mércores, 13 de maio de 2015

EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN. RÚA CANTÓN GRANDE

Picasso e o seu mestre na Coruña. Isidoro Brocos

A particularidade desta mostra é que dirixe o foco de atención cara a unha figura, Isidoro Brocos (1841-1914)

Resulta fundamental coñecer e poñer en valor eses anos da súa infancia, desde os 10 aos 14, nos que o novo Pablo Picasso, toma os pinceis de mans do seu pai, nun acto case simbólico, e recibe unha primeira formación artística regrada, académica.

O principal responsable da súa formación sería Isidoro Brocos, profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, na que se matricularía o novo alumno Pablo Ruiz Picasso. 

A Isidoro Brocos definírono como un exemplo tardío do realismo, artista académico e rexionalista, pero na arte galega representa, ademais, todo un modelo do individuo moderno, tanto nos seus ideais como no seu sentimento estético.



Ningún comentario:

Publicar un comentario