Nós visitan

mércores, 27 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

No cole, un ano máis adicamos tempo para coñecer máis de Rosalía de Castro.  Recibimos unha proposta dende a Biblioteca do cole para buscar versos  da nosa Rosalía que comezasen polas letras do abecedario ou tamén inventados polos nenos e nenas e con todos eles elaboraron este bonito vídeo no que participamos todas as aulas do cole.



O luns 26 todos os nenos e nenas do cole, reunímonos no salón de actos de educación infantil para celebrar ter unha escritora coma Rosalía.  Foi moi bonito estar xuntos todos e todas. Escoitamos recitar a compañeiros de 6º e tamén nós, nunha representación dos segundos(A,B,C)  participamos neste recitado e disfrutamos dun concerto moi íntimo con ROSA CEDRÓN. Podes velo eiquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario