Nós visitan

martes, 24 de marzo de 2020

Calendario

Bos días!!!

Xa vedes que as nosas rutinas, continúan...

Se na casa non hai impresora, hai que atopar solucións 👀
Por exemplo, ocórreseme que podedes facer como un diario e escribides nel como vos foi o día, tamén podedes debuxar vós un calendario e así repasamos os días da semana e tamén facedes plástica...a ver como me sorpendedes!!!!!!

Lembrade que hoxe é martes, temos educación física e tamén valores, así que hai que facer exercicio e reflexionar un pouco. 


Despois xa tendes o traballo de lengua, lingua e matemáticas que mirades na web do cole. 

Algo de música coa táboa do 3 cantada por Miliki. Tamén estive vendo  que en CLAN que está no enlace da columna dereita, onde están os recursos están todas as táboas en matemáticas. Así que ao gusto de cada un...


Na hora de lectura silenciosa de 12:00h a 12:20h xa sabedes que é lectura libre.

Como tarefa de lectura temos que continuar a ler o conto de UN TECHO DE ESTRELLAS, hoxe tocan as páxinas 11 e 12. 

Bicos e boa tarde, moi soleada, por certo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario