Nós visitan

martes, 28 de abril de 2020

Bo día, martes, 28 de abril de 2020

Como foi onte o repaso das táboas xogando? e o trailer do xuizo ao lobo?

Seguro que fixestes un montón de Bingos!!!

Miramos o horario e hoxe temos lengua, matemáticas, educación física, valores e naturais.

Nesta quincena, cambiamos naturais por sociais e comezamos algo novo A AUGA E AS ROCHAS.

Colgamos na páxina web do cole as novas tarefas para a quincena que vai dende hoxe día 28 de abril, que é hoxe ata o 11 de maio. Na clase de educación física deixamos coma sempre o enlace á páxina do profesor Carlos como referencia


RECREO... un petisco, unha froita, un paseo pola casa, asómate á xanela, xoga un rato e de novo...lectura silenciosa 


En valores estes días deixeivos uns vídeos moi bonitos  para pensar.

Hoxe podemos ver no libro de valores o tema "tenemos un periódico" e facer os exercios interactivos (xogo do aforcado, prestar atención, sé trabajar en equipo, nos gusta participar en las decisiones, puzle de me gusta trabajar en equipo y sabemos lo que significa el trabajo en equipo)

 Este tema trata de tomar decisións e nesta semana, temos unha decisión por tomar...deixamos que os contos de lobos sigan nas bibliotecas das nosas casas, da nosa escola e do barrio? 


Compañerismo, complicidade  entre un grupo de nenas e nenos dun barrio dífícil aos que lles gusta facer cousas xuntos, COLABORACIÓN entre todos, compartindo  as súas cousas... 
é do que trata esta historia  de LEBO M, o autor e compositor sudafricano deste bonito corto.

UNHA PROPOSTA NOVA...ESTOU SEGURA DE QUE HAI PERSOAS QUE ESTADES INTERESADAS...XA ME CONTADES.
Ata mañá!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario