Nós visitan

luns, 27 de abril de 2020

luns, 27 de abril de 2020

Comezamos unha nova semana avanzando. Estou segura de  que esta fin de semana tivestes tod@s momentos tan especiais coma este
Temos tarefas que estamos a facer cada un co seu ritmo. Mañá colgaremos xa outro novo traballo para a seguinte quincena, polo que moito ánimo que nós seguimos tod@s avanzando sempre camiño á meta.

Lembramos horario do luns:
Lengua, matemáticas, lingua, naturais e inglés.
Seguimos cos hábitos de cada día. Xa revisei os vosos traballos e estades a facelo XENIAL.

Para repasar hoxe vos propoño xogar a multiplicar empezando polo nivel máis baixo e logo ir subindo. Vos atrevedes?


Tanto en lengua coma en lingua, ademáis de revisar os libros podedes continuar a facer as fichas. Os que xa rematáchedes esas fichas, hoxe, podedes ler, facer ficha da biblioteca pendente, copiar un texto, facer unha redacción da fin de semana e o debuxo...
Para Naturais temos as fichas do tema e rematar de ler e repasar O MUNDO QUE NOS ARRODEA.




En inglés revisa as tarefas da profe Carmen e os enlaces da columna da dereita 

Un xogo divertido



Unha historia de saída á rúa






estade MOI atentos 👀porque hoxe haberá noticias sobre O XUIZO AO LOBO e algunha sorpresa😮

Ningún comentario:

Publicar un comentario