Nós visitan

mércores, 15 de abril de 2020

Traballos variados

Bo día meus queridiños e queridiñas!

Mércores, 15 de abril de 2020, poñemos sempre a data, lembrade!!! Lembrade tamén que o 17 é o cumple de MIGUEL!!!!

Miro o noso  horario e temos LENGUA, LINGUA, MATEMÁTICAS, INGLÉS E SOCIAIS.

Quero felicitarvos por todas as tarefas que estades a facer na casa e que enviades. 

Hoxe as redacións  de Carlota e de Daniela  e as súas vacacións de Semana Santa, que me fan moi feliz porque tamén vós sodes felices. Alégrome das túas actividades, Carlota e , Daniela, que sorte coa escola de maxia!!!!



























Tamén Víctor rematou a tarefa de sociais e fixo coa súa irmá unha maqueta preciosa da paisaxe que compartimos para que vos axude e vos motive

Lembrade que hai moitos enlaces para aprender inglés xogando e divertíndose, mesmo facendo educación física!!!

Tamém os mércores facemos a relaxación polo que deíxovos a sesión número cinco

Ata mañá e un bico para tod@s

Ningún comentario:

Publicar un comentario