Nós visitan

xoves, 17 de decembro de 2020

o ambiente vai "in crescendo"

 Cada día amanece con novas sorpresas...hoxe rimos e traballamos moito. 

Xa sabemos moi ben a canción dos magos e lémola de marabilla!!!

O turno do calendario de hoxe foi para Max porque é o número 17


a Max tocoulle o rosco de Reis...mmmmm...que rico!!!




O ambiente vai aumentando coas sorpresas porque Julia recibiu algo moi especial de Papá Noël que recibimos a través dos seus papás.


Estou segura que vai haber unha mensaxe para todos os nenos e nenas da isiclase...hai que saber esperar!!!


Ademáis os papás de Isaac e de Lucas  envíannos un divertido vídeo cuns duendes  para alegrarnos estes días previos ao Nadal e felicitarnos as festas.


ata mañá e a ver que nos depara este venres...bicos de azucre para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario