Nós visitan

xoves, 18 de marzo de 2021

XOVES CON EMILIA

 Seguimos fieis á nosa cita con Emilia Pardo Bazán...

Participamos na semana número 7 co concurso da biblioteca e algúns de nós levamos unhas lecturas para grabar o luns e participar en Paseando con Emilia


Fixemos o traballo de procura de información para cubrir o cuestionario do concurso e Lucas Cruz foi o encargado de    ENVIALO para ver se o fixemos ben e conseguimos o noso premio polo noso esforzo e aprendizaxe.




 Xa dixemos na isiclase que como hai unha ponte moi apetecible podedes ir pasear e coñecer a rúa de Emilia Pardo Bazán que se chama así dende o ano 1907. Lembrade que se queredes repasar ou contarlles á familia o que aprendemos podes premer no Proxecto "Paseando con EMilia".


Xogade co google maps nas rúas de Marineda!!!!!


Aproveito para felicitar a todos os JOséS, Josefas, Josiños...que teñades un feliz día!!!!! porque a felicidade está nos momentos cotiás coas persoas que queremos.


Momentos coma estes fan que cada día me sinta máis feliz coa  miña profesión!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario