Nós visitan

luns, 3 de maio de 2021

luns, radiante!!!

 Esta fin de semana trouxo as ganas de subir ao "palco da música" e contar experiencias. 


Empezamos por Alexa. Na isiclase estamos a plantar e Alexa anticipouse  coa súa familia e plantou unha faba, actividade que estamos a preparar tamén nós. 



Continuamos  por Antía que fixo unha serie de manualidades:




Leo contounos o que atopou, un exemplar magnífico de Leo-lagarto!!!



Sempre hai lagartos no paseo maritímo cara ao Portiño, este pillouno MIguel López Vior e familia!!!




Na isiclase este tema que a Miguel lle encanta fixo que se desenvolvera  coma un fantástico profesor ensinándonos diferencias entre reptiles e anfibios




Lucas Cruz falounos de que estaba a punto de caerlle un dente e durante o transcurso da mañá, pasou así que hoxe o señor Pérez pasará pola súa cama.



Comezamos o mes de MAIO e a primavera segue a agasallarnos coas súas belas flores silvestres que lucen na isiclase.



Ningún comentario:

Publicar un comentario