Moitas sorpresas hoxe na isiclase da man de Duendisi.
Iniciamos calendario de adviento que xa é unha tradición, sabendo que dende hoxe ata o día 24 preparámonos para o Nacemento de Xesús que é o motivo do Nadal.
Ademáis hoxe é o cumpreanos de Christian e resulta que Duendisi deixounos unha tableta de turrón de chocolate, que apareceu cortada nun nontón de anaquiños e que xa saboreamos moi a gusto!!!
Moitos parabéns Christian!!!
soamente quedou este anaco que estaba esperando a Adri que chegou un pouquiño máis tarde
Xiana tamén veu vestida para a ocasión e encántanos o seu xersei de Rudolf
Así de felices e soamente para a foto saboreamos o primeiro turrón de Nadal.
para os que queirades lembrar...clica na imaxe e viaxa no tempo
adviento do ano 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario