Nós visitan

venres, 24 de febreiro de 2023

 É moi bonita a amizade entre os nenos e nenas da isiclase e tamén conservar os amigos e amigas que temos dende infantil. Alma que nos visita a cotío ten unha amiga especial que é Maia e un amigo moi especial que é Adri.




Hoxe traballamos de novo o rosco de Rosalía e a ver se o facedes xuntos en familia. Quedou moi ben o quebracabezas e ademáis cantamos as cancións dos poemas de Rosalía que nos gustan moito.

Para a fin de semana unha nova canción



e os Bolechas que tanto vos gustan



Na clase de plástica rematamos coa produción de uvas relacionadas co noso proxecto de Patrimonio cos cinco sentidos e Iria Freire nos amosa o seu bonito traballo.





Observamos dende a xanela a parella de pegas que ano tras ano preparan o niño para as súas crías. 




Disfrutemos do vídeo da canción de cumpreanos adicada ao noso compañeiro Izan  



Ningún comentario:

Publicar un comentario