Nós visitan

xoves, 1 de xuño de 2023

TEATRO NO EMILIA PARDO BAZÁN: o bosque animado.

 Cando cheguei a este colexio co nome dunha persoa admirable EMILIA PARDO BAZÁN gustáronme moitas cousas e especialmente a existencia da actividade de teatro. 

O teatro é unha arte que enche a toda aquela persoa que se relaciona con él porque nel entrelázanse a literatura, a música, as cores, a memoria, a lingua, a educación, a imaxinación, a maxia, hai acción, hai voz, hai declamación, hai intelixencia, hai expresión, hai sentimentos, hai tenrura, forza, entusiasmo, furor, nobleza, maxestade, unión, hai tempo para o proceso que produce paciencia...en definitiva, hai a escea que recolle todos estos elementos.

Tiven a oportunidade de disfrutar A RAÍÑA BERENGUELA e O CREBANOCES e despois lle tocaba o turno ao BOSQUE ANIMADO que foi interrompido pola terrible pandemia que afectou as nosas vidas.

Un gran equipo de persoas formamos parte desta marabilla e persoas que xa non están por xubilación seguen presentes igual coma o noso benquerido director José Manuel e a extraordinaria profesora Chus que sentímolos moi preto.



Disfrutade moito desta obra e valoramos moitísimo o esforzo de todo un curso para conseguir chegar á meta mañá, venres 2 de xuño do 2023. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario