Nós visitan

487485

martes, 18 de marzo de 2025

obradoiro PINTANDO HISTORIAS

O profesor Diego invitounos a facer un obradoiro moi sorprendente e ao mesmo tempo gratificante, xa que a partires da lectura do conto EL VIAJE DE CANDELA  fomos transportados ao mundo máxico da fotografía, elemento tan vital no cine e noutras facetas. 




Fixemos unha pequena reflexión e análise do conto, falando das personaxes, os escenarios, o contexto...


A continuación nos diriximos ao SUM e  o profesor Diego fixo as fotografías mentres nós faciamos o papel dos vagalumes, dos grilos, das flores, das herbas, da lúa...como actores nun escenario.



Ademáis repartirnous lanternas de luces de cores diferentes...verdes, vermellas, brancas...e debuxamos no aire vagalumes, grilos, a lúa, herba, flores e o resultado das fotografías resultaron moi sorprendentes e máxicas.





ESTE OBRADOIRO TAMÉN O FIXERON OUTROS COMPAÑEIROS E ESTA PUBLICADO NO BLOGUE DA BIBLIOTECA . PREME NA IMAXE E PODES LEMBRALO.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario