Nós visitan

martes, 2 de xuño de 2026

Os trasnos zapateiros

No curso 2016/2017 no noso colexio, estréase por primeira vez a obra titulada OS TRASNOS ZAPATEIROS de María Jesús López Vila, mestra que tiven o privilexio de coñecer xusto o ano que me incorporei ao Emilia Pardo Bazán.

Un dos obxectivos desta mestra tan querida e valorada pola súa gran calidade humna e traxectoria profesional é levar a cabo a actividade de teatro de xeito inclusivo, motivador, enriquecedor, divertido, serio, fomentando o uso do idioma galego e facendo que o nenos e nenas aprendan e desenvólvnase mentres actúan, acadando que todos se sintan importantes, valorados e seguros de sí mesmos nun proceso de esforzo, constancia e paciencia.



O ilustrador Carlos Galego é o autor deste cartel que nos anuncia o próximo evento teatral ao que estamos convidados e ao que temos que asistir coa entrada.






Moitos parabéns a todo o equipo de teatro do colexio que dende que se inicia o curso xa está preparando a obra teatral e parabéns a todo o alumnado que se comprometeu para preparase ata este momento tan desexado por todos.

Unha aperta

 Moito ánimo !!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario