Nós visitan

mércores, 30 de outubro de 2013

GATisi

Xa temos mascota, GATisi. A idea de tela foi de Martín e tod@s estivemos dacordo coa proposta. Subimos ao "palco da música" e dixemos o motivo polo que queremos tela. Lola preparou un gran discurso e moitos máis tamén dixeron  motivos para tela e todos  apoiamos a idea. A razón principal pola que queremos unha mascota  é porque é unha RESPONSABILIDADE que queremos desenvolver entre tod@s e o motivo máis importante é QUERELA. Pois...benvida GATisi.


Ningún comentario:

Publicar un comentario