Nós visitan

luns, 4 de novembro de 2013

ESGRIMA


A esgrima, é un deporte de combate no que se enfrontan dous contrincantes que deben intentar tocarse cunha arma branca, en función da cal se diferencian tres modalidades: sabre, espada e florete. A súa definición é "arte de defensa e ataque cunha espada, florete ou unha arma similar". A esgrima moderna é un deporte de entretemento e competición, pero segue as regras e técnicas que se desenvolveron na súa orixe para un manexo eficiente da espada nos duelos.
 A esgrima está presente na primeira edición dos Xogos Olímpicos modernos, aínda que só en categoría masculina. Incorpórase a categoría feminina en 1924.
(Wikipedia)

No mes de Setembro @s nen@s tiveron co querido profe de educación física, Manuel, unha sesión de ESGRIMA, e mandounos unha foto preciosa na clase.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario