Nós visitan

mércores, 15 de decembro de 2021

Estamos a piques de rematar o ano 2021 cheo de vivencias entre as que destacamos a homenaxe a Dona Emilia Pardo Bazán, muller que da nome ao noso centro.

Durante este curso traballamos en equipo, profesores, alumnos, familias e outras persoas para aprender, admirar, recoñecer, disfurtar...desta persoa elegante por dentro e por fora.

Deste gran traballo obtivemos un importante premio que recollemos como froito con moita ledicia e agradecementos aos que participamos.


Preme na imaxe para aceder á páxina da biblioteca do noso cole e ler a información sobre o premio e lembrar o que fixemos.



Pola miña banda agradecementos aos nenos e nenas polo seu entusiasmo e implicación en todas cantas actividades propuximos e tamén ás familias que con tanto agarimo e colaboración participastes tamén.

Preme eiquí para ver todo o traballo

e visiona o vídeo final dende o que lle dicimos a Dona Emilia, grazas por tanta riqueza persoal.


Tamén deíxovos algún traballo de papiroflexia para os que teñan o don da paciencia...Bicos e ata mañá.




Ningún comentario:

Publicar un comentario