Nós visitan

venres, 17 de decembro de 2021

Xa estamos na conta atrás...

Unha mañá moi productiva traballando entre outros temas nunha sorpresa para a familia



Decorando as portadas dos nosos traballos do primeiro trimestre...que hai que ver cantas cosas fixemos e aprendemos!!! e nos levaremos para casa o luns se Deus quere.


Facendo máis decorados navideños para a clase e para levarnos. Lembrade que temos unha estrela e unha vela pendentes para facer. Xa nolo lembra Gatisi.


Grazas a Melania e Vanlentina que onte fixeron a arboriña e que nós o estamos a intentar aínda que temos que practicar a paciencia, quen sabe se na fin de semana alguén o intenta e nos sorpendeo luns!!!!! 😂😂😂 



Collendo  e saboreando o agasallo de adviento...mmmmm que rico de sobremesa da merenda!!!



Recollendo os gorros dos que lembraron traelo hoxe👏👏👏👏👏
Lembrade traelo o luns para a foto de grupo.


O noso tempo de xogo na BIBLIOLAB como premio polo traballo de toda a semana 


e moita moita ilusión en todo o que facemos e disfrutamos.
Boa fin de semana 



Aproveitade como Leo para pasear pola cidade , descubrir sorpresas e para ver as luces do Nadal gozando dun paseo coa familia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario